Ainda que hoxe sobre Vigo non parou de chover ao redor dun milleiro de personas atenderon á chamada de sindicatos, asociacións e partidos políticos e concentráronse diante do Museo de Arte Contemporanea (MARCO) ‘En Defensa dos Servizos Públicos’. Os representantes dos mesmos calificaron de “lamentables e ofensivos para a cidadanía” os orzamentos da Xunta e aseguraron que “o Partido Popular está a practicar un continuo roubo aos traballadores e traballadoras deste país”.
A concentración puxo, ademási, punto final ao peche que os traballadores dos hospitais vigueses mantiñan na entrada principal do Xeral dende o pasado martes.
Entre os asistentes estaba a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), no Parlamento de Galicia, quen indicou que “é necesario recuperar a dignidade que este goberno do Partido Popular, os mercados, o capital e a troika pretende arrebatarnos”, Yolanda Díaz, que estivo acompañada polo coordenador local de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, salientou que “ante unha agresión tan grave contra as traballadoras e traballadores deste país, é necesario tomar a rúa para para amosar o noso malestar, é necesario que o goberno do Partido Popular saiba que non imos a parar ata recuperar o que os nosos devanceiros conseguiron coa súa loita”.
Díaz considera que “canto máis nos usurpen, máis loitaremos, dende a rúa e dende as institucións”. Non temos medo, nin queremos ser partícipes dun sistema que desprotexe e conduce á miseria á cidadanía”.
Pola súa banda, a Confederación Intersindical Galega (CIG), denunciou que dende o inicio da crise económica, os Servizos Públicos e empregados Públicos, viven un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar “que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos”.
A central sindicalista subliñou que esta agresión que sufren os empregados públicos pódese resumir “nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laboráis” , ademáis de ir “reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas”.
Entre eles a CIG salienta unha rebaixa salarial anual nunha media do 5%, cun IPC do 2,9%. “Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas”. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público; supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral; ampliación da xornada mínima nas administracións, nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
A elo “súmase a Reforma Laboral, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas”, supresión de días adicionais de vacacións, redución de días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano, supresión da paga extraordinaria do Nadal, “o que significa un 7% de redución salarial anual”, anulación da posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios e, finalmente, “como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%”.