O rexidor de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Urbanismo e primeira teniente de alcalde, Carmela Silva, presentou este venres as 26 novas placas coas que o Concello rotulará un bo número de rúas do Casco Vello. Coa iniciativa quérese contribuír ao proceso de rehabilitación no que se atopa o barrio.
A Praza da Constitución, a Praza da Igrexa, a Praza da Pedra, a Praza da Ribeira do Berbés, a rúa dos Cesteiros, a Praza da Princesa, a rúa de Fermin Penzol, a rúa da Laxe, a rúa de Méndez Núñez, a rúa Oliva, a rúa Real, e a rúa Triunfo, contarán con dúas novas placas de bronce policromado co seu nome, mentres que as rúas Gamboa e Joaquín Yáñez, levarán unha, axustándose á súa extensión.
Esta nova rotulación, con 26 placas con fondo negro de 51/35,5 centímetros, están integradas de xeito armónico na paixase e na estrutura urbana e arquitectónica da cidade, dixo o alcalde socialista, ao tempo que avanzou que Silva está en conctacto cos comerciantes para que toda a rotulación da zona sexa acorde co contexto.