Comarcas

O Concello de Tomiño ofrece cursos de formación para adultos

O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de adultos co obxectivo de preparar aos alumnos para obter o título de Graduado en  ESO, por libre.

Trátase de preparar as probas de acceso aos ciclos medios de formación profesional, ou ben, para presentarse ás probas de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.

Os requisitos para inscribirse no curso son os que seguen:

-Estar empadroado en Tomiño.

-Cumprir 18 anos antes do 1 de setembro de 2013, para acceder ás probas por libre e obter o título da ESO.

-Cumprir 16 anos durante o ano 2013, para acudir ás probas de competencias clave, que convoca a Consellería de Traballo e Benestar.

-Cumprir 17 anos durante o ano 2013, para acudir ás probas de acceso a ciclos medios.

As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no Rexistro Municipal do Concello dende mañá, luns 21, ata o vindeiro sábado, día 26, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

Tamén terán que acudir ao proceso de selección que se celebrará posteriormente, cuxo lugar e datas se publicarán na web do Consistorio e no taboleiro de anuncios municipal, o día 28 de xaneiro.

También te puede interesar