Galicia

O Supremo admite a trámite o recurso de Galicia Bilingüe contra o ‘decreto do plurilingüismo’

O Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso presentado por Galicia Bilingüe contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  (TSXG) que desestima o seu recurso contra co decreto do plurilingüismo.

Segundo informa nun comunicado, Galicia Bilingüe recibiu este mércores a notificación de que o seu recurso contra a sentenza desestimatoria foi admitido a trámite, que se basea en sentenzas do propio tribunal e na doutrina do TC para reclamar «o dereito a recibir o ensino en lingua materna ata os 8 anos».

O TSXG rexeitou os argumentos da entidade presidida por Gloria Lago, ao entender que non existe unha «exclusión do castelán nin se conculca o principio de cooficialidade». Ademais, na súa sentenza argumentaba que a Administración educativa «non pode abdicar» da obriga recollida no artigo 5 do Estatuto de Autonomía «que impón aos poderes públicos normalizar o uso do galego dentro da súa esfera de competencias», engade.

Por outra banda, sobre a consulta aos pais, entende que os motivos que alega a asociación quedan baleiros de «contido» tras o fallo do TSXG anulando a citada consulta por entender que a administración educativa non pode someter a votación «un aspecto tan fundamental como a lingua«, engade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.