Vigo al minuto

O Concello reserva 3 millóns para o pago da ‘Axuda no Fogar’

A Xunta de Goberno Local, a primeira tras a incorporación de Olga Alonso á Corporación como delegada de Educación, aprobou este venres o proxecto de urbanización del entorno del Centro de Interpretación histórico-arqueolóxico da romanización da ría de Vigo, a vila romana de Toralla.

O Concello xestionará un orzamento total dun millón de euros, dos cales 450.000 adicaranse á rehabilitación do chalé de Mirambell, destinará outros 214.000 € para a urbanización do entorno e 221.000 € máis para o proxecto museografico. O alcalde salientou que o Centro de Interpretación terá 270 metros cadrados divididos en dous andares, xon salas que reflictirán a historia da Vila Romana de Toralla, revestidos en madeira para integralo no entorno.

Ademáis, o goberno local aprobou as achegas  para os usuarios do servizo municipal de axuda no fogar, reservando para este ano un total de 3 millóns de euros para esta prestación que reciben hoxe en día máis de 700 persoas, ben na modalidade de dependencia, ben na de libre concurrencia.

 

También te puede interesar