Vigo al minuto

O alcalde asegura que o Concello creou, o ano pasado, 3.800 postos de traballo

Abel Caballero fixo esta declaración na presentación do Plan de Emprego Municipal 2013 que, indicou, pasará de 2,4 a 2,8 millóns este ano. Abel Caballero explicou que o goberno local disporá en 2013 de 5,5 millóns de euros para a loita contra o desemprego, dos que 2,8 están asignados ao Plan Municipal de Emprego e outros 1,5 millóns ao proxecto ‘Vigo Emprega’ e que, en investimento público, o Concello investirá 15,9 millóns de euros.

O Plan de Emprego deste ano, salientou o alcalde, cambia o posto en marcha en 2012, de xeito que  1.020.000 € serán conveniados directamente a través de entidades e 1.780.000 euros sairán pola vía da “libre concurrencia”. O pasado ano, indicou Caballero, “este Plan do Concello supuxo emprego para 358 persoas”, parte dos 884 contratos formalizados directamente pola Concellería de Emprego Sumando os directos e indirectos do investimento municipal do pasado ano, Caballero sinalou que “o Concello de Vigo creou, o ano pasado, 3.800 postos de traballo”.

 

También te puede interesar