Dende os departamentos municipais de Medio Ambiente e Limpeza Viaria e Parques e Xardíns do Concello de Mos, que dirixen Julia Loureiro e Cándido Pérez, respectivamente, se está a levar a cabo un plan de seguemento, respaldado pola Policía Local de Mos e polo Servizo Municipal de Emerxencias, do verquido de desperdicios nos contedores distribuídos polas distintas zonas do municipio.
Se trata, segundo informou hoxe o propio Concello mosense, de detectar e controlar verquidos indebidos impoñendo, incluso, se fose necesario, as pertinentes multas correctivas.
Os concelleiros lembran que se están a realizar no municipio verquidos incontrolados en todo tipo de contedores, tanto nos de residuos orgánicos, coma os de vidro, papel e cartón, e plástico e envases lixeiros, nos que se está a comprobar que hai persoas que depositan sobre todo escombros de obras e residuos vexetais resultantes da limpeza de fincas, tales coma ramas, maleza, herbas, etc; ou incluso ata materiais industriais coma restos de pezas mecánicas ou aceites.
Esta mesma mañá ambos edís visitaron algúns dos puntos do municipio con máis presencia de contedores para supervisar o seu estado e comprobar que neles non houbese verquidos indebidos, pero recalcan que o líquido a reciclar debe de ser verquido en ditos bidóns e non deixado dentro de botellas ó carón dos mesmos, como se está rexistrando que fan moitos usuarios.
Por certo que mentres non estea rematado o punto limpo que se está a construir no PEMOS-Veigadaña, -remate que está previsto para a vindeira primavera-, o Concello de Mos mantén o seu servizo de recollida de apareellos tales coma electrodoméstidos ou mobles vellos.
Os primeiro e terceiro martes de cada mes pasan a recoller polos contedores os enseres alí depositados previa chamada telefónica ó departamento de Medio Ambiente, teléfono 986 331 402, do veciño usuario que desexe desfacerse dalgún destes materiais.