Galicia

Os veciños de Teis denuncian dúas novas roturas nas tubaxes de suministro de auga

A Asociación Veciñal de Teis ven de denunciar dúas novas dúas novas roturas nas tubaxes do barrio esta fin de semana. Unha delas, onte sábado, na rúa Doutor Corbal fronte ao número ,  e a  madrugada deste domingo, na rúa Gerardo Campos Ramos, 8. No caso da rúa Gerardo Campos Ramos a rotura provocou unha grande fochanca, o corte do subministro de auga desde ás 7 da mañán ate a 1 da tarde, e inundou o baixo dun edificio.

Os veciños “esixen, públicamente, ao goberno municipal o cumprimento do acordo plenario do pasado 25 de xaneiro de 2013”, no que se acordou, “grazas o apoio dos grupos da oposición”, a elaboración dun plano de mellora do abastecemento de Teis, debido as continuas roturas das tubaxes dalgunhas rúas do barrio.

“Logo de máis dun mes non temos ningunha noticia por parte da Concellaría de Fomento, sobre os termos deste plano de mellora do abastecemento de Teis, pero as roturas das tubaxes continúan”, asegura a asociación vecinal que subliña que nos últimos días na rúa da Campa, 3 houbo dúas routras das tubaxes no mesmo punto: o pasado xoves, día 21, e na madrugada do domingo 24.

Unha vez máis, os veciños indican que “o Concello, non pode serguir mirando para outro lado e amosando a súa incompetencia, e debe por fin a estás roturas, dando cumprimento ao acordo plenario e esixindo a concesionaria do  servizo municipal. Aqualia , o mantemento da rede de abastecemento de auga”.

 

También te puede interesar