A Federación Veciñal Eduardo Chao organiza o vindeiro 21 de marzo a terceira visita do programa O Vigo dos Barrios. Trátase dunha ruta peatonal a través do casco histórico de Bouzas, unha oportunidad idónea para coñecer a cultura la vila mariñeira.
Durante o percorrido os participantes percorerrán os puntos máis destacados deste barrio acompañados dunha guía. A actividade é gratuíta e terá unha duración aproximada de hora e media.
Nesta ocasión haberá dúas quendas para realizar a visita, a primeira será ás 16:30 horas e a segunda ás 18:00horas, o punto de partida será a igrexa de San Miguel de Bouzas.
As inscrición xa está aberta e rematará o día 19 de marzo ou ata completar as prazas, xa que son limitadas. Asignaranse por rigoroso orde de chegada. As persoas interesadas en participar deben contactar coa federación a través do teléfono 986 441 686 o en persoa, Praza da Princesa, número 7.