Vigo al minuto

A partir do venres, xa podes solicitar praza nas escolas infantís municipais de Vigo

O próximo 15 de marzo ábrese o prazo dun mes para solicitar calquera das 446 prazas nas escolas infantís ofertadas polo Concello de Vigo, logo que a xunta de Goberno local deu luz verde hoxe ás normas para a adxudicación de prazas nas garderías do curso que ven.

Segundo explicou o rexedor, Abel Caballero, trátase do trámite obrigatorio para adecuar a puntuación das solicitudes de novo ingreso ao baremo de criterios preferentes que propón a Xunta.

Este ano, como novidade, establecerase a oferta dun horario continuo no centro de Saiáns, ademais de abrirse a posibilidade de solicitar praza para aqueles nenos non nacidos no periodo de solicitudes que marca a norma autonómica.

Os formularios xa están a disposición das familias e o prazo de solicitude esténdese desde o 15 de marzo ata o 15 de abril.

Caballero quixo facer especial fincapé nos prezos destes centros municipais, destacando, por exemplo que as familias con renta per cápita mensual de ata 306,25€ están exentos de pago, así como as familias numerosas con renta per cápita de 478,33€.

Segundo o alcalde vigués, o prezo máximo que pode pagar unha familia é a metade do que se paga nos centros infantís da Xunta, xa que o Concello subvenciona ao redor do 85% do custo de cada praza.

Respecto da oferta, avanzou que para o próximo curso hai na actualidade 446 prazas, un 48% máis que o ano pasado. Ademais, no mes de abril estará rematada a escola de Mestres Goldar, o que suporá 100 prazas máis.

También te puede interesar