A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na segunda edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia.
No festival, que se desenvolverase entre o 29 de maio e o 2 de xuño, poderán optar á exhibición e participación en concurso as obras audiovisuais feitas en Galicia ou por galegos, dende os comezos do noso audiovisual.
As seccións en competencia serán as seguintes:
-Longametraxe (ficción, documental ou animación) maior a 30 min.
-Curtametraxe (ficción, documental ou animación) menor de 30 min.
-Videoclips.
-Infantil.
Os materiais que se exhiban deberán ser en lingua galega, castelá ou ter subtítulos a unha de ambas linguas, e terán unha duración entre 30 segundos (mínimo) e 120 minutos (máximo).
As producións deberán remitirse por correo electrónico ou correo postal antes das 00:00 horas do 12 de abril. A inscrición é de balde.