Vigo al minuto

Rematan os traballos de mellora do río Vao

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de finalizar varias actuacións de mantemento, conservación e mellora do río Vao e do afluente Pereiriño, na parroquia do Vao.

Estes traballos de mantemento melloraron treitos que suman unha lonxitude de 300 metros e están enmarcados no programa de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, na zona Sur e as súas zonas de protección.

As obras realizadas centráronse, sobre todo, no desbroce das marxes eliminando a maleza existente, así mesmo hoxe fíxose unha poda selectiva das árbores que presentaban ramas con risco de desprendemento. Así mesmo, sacáronse outros restos de madeira caído no leito e, finalmente, recolléronse os restos inorgánicos presentes nos treitos do río.

 

También te puede interesar