Vigo al minuto

Os traballadores do comercio de alimentación de Pontevedra, en folga dende este luns

A folga de traballadores do sector do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra empezará este luns tras concluír sen acordo o acto de mediación celebrado cos representantes da patronal. Ainda que está programado unha nova xuntanza mañá ás 10 da mañá, xa será para evitar que o paro chegue ate o vindeiro día 28.

Segundo os representantes sindicais, “non houbo acirdo e a folga sigue adiante”. A mesma baséase, salientaron, na “pretensión da patronal de recortar dereitos como a antigüidade, días de vacacións, ou a posibilidade da promoción automática ao cabo de 3 anos”.

Ao paro están chamados uns 14.000 traballadores de froitarías, peixarías, carnizarías, pequenas tendas de alimentación e algúns supermercados, agás os que teñen asinados convenios propios.

 

También te puede interesar