Un aumento na producción do Citroën C-Élysée e o Peugeot 301 permitirá que a planta de Vigo faga ate 300, segundo adiantaron este martes os sindicatos que están no Comité de personal da factoría. A dirección da mesma confirmou ás centrais que haberá un incremento de producción dos devanditos modelos e das Berlingo e Partner, o cal fará necesario traballar sete noites á semana.
Aínda que non se sabe cando empezará este aumento na producción, o comité de empresa cree que o máis seguro é que se inicie en maio e que dure varios meses. Os sindicatos acolleron con alivio estas medidas que aumentarán a carga de traballo dos sistemas un e, especialmente, dous, e agardan que os novos coches teñan saída no mercado, o cal permitiría volver a quenda de noite ao sistema dous, que leva xa anos sen actividade.