Vigo al minuto

Comisións Obreiras reúne hoxe a destacados especialistas para falar do Novo Hospital

hospitalComisións Obreiras organiza mañá no Hotel Coia (09:30 h.) unha xornada para explicar as implicacións que terá a construcción do Novo Hospital de Vigo. Segundo a central sindical, facelo con con capital privado significará “pagar por el cinco veces máis ca os intereses; diminuír persoal médico e de enfermaría coa deterioración grave da asistencia que iso implica“.

O responsable de Sanidade do mesmo ven de salientar que en Madrid e Valencia o persoal médico nalgún hospital reduciuse ata un 50%, que a privatización abre a posibilidade, xa prevista, de introducir o copagamento, é dicir, non só pagar os impostos senón pagar cando un acuda ó centro sanitario: urxencias, consultas, etc“. CCOO advierte que a privatización supón a bancarrota do sistema sanitario “a débeda polo pago dos hospitais asfixia a sanidade madrileña e valenciana e os británicos, inventores deste sistema, agora o desbotan e a cidadanía, segundo as sondaxes, nun 83%, maniféstase en contra“.

Para deixar crara a súa postura, con datos e opinións de especialistas, o Comité Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo convoca “un debate” que sirva para clarexar “qué tipo de hospital necesitamos e queremos“.

Programa

 09.30 horas.- Presentación Montserrat Carrera Leirós(Responsable de Política Social Unión Comarcal de CCOO de Vigo).                Saúdo: Santos Hector Rodríguez Díaz (Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá de Vigo).

09.45 horas.- Relatorio “Actuacións adoptadas e futuras medidas a adoptar dende o marco unitario da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública”  Angel Cameselle Corbacho (Membro da CE da Federación de Sanidade de CCOO de Galicia). 
 “A iniciativa privada e pública” Manuel Martín García (Voceiro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
“O Novo hospital antes e despois do acordo”, Jesús Araujo Nores (Ex-director de Centros do CHUVI).
 11.30 horas.- Pausa- Café
Coloquio

11.50 horas.- Continuación Relatorio Financiamento e construción de hospitais públicos pola iniciativa de financiamento privado: resultados no Reino Unido“, Francisco Reyes Santias (Doutor en Económicas pola Facultade de Santiago. Epidemiólogo e Investigador Clínico do CHUS. Economista e Avogado).

Coloquio

 13.00 horas.- Clausura  José Cameselle Romero (Secretario Xeral Unión Comarcal de CCOO de Vigo).

También te puede interesar