Comarcas

A choiva non foi quen de deslucir a Festa do Requeixo e o Mel que recibiu centos de visitantes

A Festa estivo ateigada dende primeira hora da mañán

Nen a a choiva, que non deixou de caer durante todo o día, foi quen de disuadir aos centos de personas que se achegaron este Venres Santo a As Neves de que deixasen de disfrutar da Festa do Requeixo e do Mel.

O programa seguir o seu curso, adaptándose ao vento e a auga, e os visitantes e comensales disfrutaron de dous dos productos senlleiros da gastronomía galega, ateigando as carpas instaladas no centro do ‘Sol do condado’.

O requeixo e o mel están a ser un puntal na economía de As Neves

A tenente de alcalde de As Neves, Maricarmen Gil, lembrou que, ademáis, esta festa abre unha fiestra á laboura que se leva adiante no eido agrario nevenseque empeza a explotar o seu potencial económico no ámbito dos productos artesanais e de calidade facilitando a incorporación de veciños ao mercado laboral”.

Nesta edición presentáronse queixos feitos, íntegramente de xeitos artesanais

Neste senso, o presidente de la Cooperativa agraria Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, subliñou que esta edición de la Feria do Requeixo e do Mel incorporou un requeixo elaborado íntegramente con leite ecolóxico e novas mermeladas, feitas de xeito completamente artesanal, con froitos da zona, ademáis de queixos feitos, íntegramente de xeitos artesanais, que forman parte da nova aposta da cooperativa e que  recuperan o sabor de sempre.

Un momento da actuación de Jajá Zirkus

Ademáis da festa culinaria, as actividades para os mais pequenos tiveron unha moi boa aceptación, os cativos poideron disfrutar da man de grupo Jajá Zirkus e, amosar as súas habilidades nos talleres de música, reciclaxe e cerámica, que non solo foron seguidos polos rapaces, xa que un dos obradoiros, era a elaboración de un instrumento tradicional feito con materiais reciclados.

Os talleres tiveron un éxito rotundo entre os cativos

Ao longo da mañá, entre o público, deixáronse ver, vestidos coas súas camisolas, afectados pola compra de Preferentes que, en ningún momento alteraron, de xeito algún, o transcurso da festa, ao contrario, fixeron diversas compras, disfrutaron do requeixo e do mel e, como salientou o presidente da Cooperativa do Condado-Paradanta, amosaron en todo momento un comportamento exquisito, aproveitando, como moitísimas das personas que se achegaron á feira, para levarse roscóns e monas, tomar unha tapa de pulpo con viño de Rubiós ou para xantar nalgún dos bares e restaurantes da zona.

Varios dos veciños afectados polas Preferentes estiveron disfrutando da Festa

 

También te puede interesar