Os pasados días 29, 30 e 31 de marzo o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizou nos pavillóns de Navia e Bouzas os xa tradicionais Torneos de Semana Santa de categoría cadete e infantil, o 6º Torneo Internacional Cadete e o 5º Torneo Internacional Infantil.
Un total de 27 combinados participaron nas novas edicións do torneo, xuntando ao longo das tres xornadas a preto de 500 deportistas e máis de 50 adestradores que disputaron un total de 36 partidos.
O Maristas CB (Valladolid) na Serie “B” Masculina, o CPN Basquetebol (Porto – Portugal) na Serie Feminina, e o Grupo Desportivo Basquete Leça (Porto) na Serie “A” Masculina, proclamáronse novos campións do Sexto Torneo Internacional Cadete 2013 “30 Anos co Deporte Base”.
Na Serie “B” Masculina participaron os equipos Maristas Club Baloncesto (Valladolid) que disputou o partido final ante o FC Porto (Porto – Portugal), o Seis do Nadal “B”, Ferrol CB, COB Ourense e CB Salesianos (Vigo). Os equipos que participaron na Serie Feminina foron o CPN Basquetebol (Porto – Portugal) e Seis do Nadal – Coia que disputaron a final da serie, o CB O Meco (O Grove), Pío XII (Santiago de Compostela), Carmelitas Vedruna (Ourense) e CB Arxil (Pontevedra).
Os conxuntos que protagonizaron a Serie “A” Masculina foron os finalistas Grupo Desportivo Basquete Leça (Porto – Portugal) e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, o Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa), CB Baiona, Marín Peixegalego e Porriño Baloncesto Base.
O 5º Torneo Internacional Infantil 2013 “30 Anos co Deporte Base” tamén rematou con tres novos combinados campións: o Compañía María (Santiago de Compostela) na Serie Masculina “Autoescuela Coya”, o CPN Basquetebol (Porto – Portugal) na Serie Feminina “Decomar”, e o equipo Golosinas Meloso Seis do Nadal na Serie Masculina “Golosinas Meloso”.
O cadro de equipos participantes nesta nova edición do torneo infantil completouse cos conxuntos masculinos Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, Baloncesto Base Club BBC (Vilagarcía de Arousa), Eduardo Blanco Amor (Ourense) e CB O Meco (O Grove); e os equipos femininos Seis do Nadal Illas Cíes e CB Airexa Nigrán.
Nos actos de clausura e na entrega de premios das distintas xornadas dos Torneos Internacionais de Semana Santa Cadete e Infantil 2013 estiveron presentes, entre otros, o alcalde vigués, Abel Caballero.