Vigo al minuto

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca celebra a súa asamblea en Vigo, este sábado

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui, celebra este sábado, día 6, ás 5 e media da tarde, na Parroquia do Cristo de La Victoria de Vigo (r/Baiona, 9) a súa asamblea. Á mesma, como salientan nunha nota enviada aos medios, agardan a todos os afectados e colaboradores que queiran achegarse e coñecer as accións que está levando a cabo a plataforma.

PAH precisa urxentemente  axuda especializada e non especializada. Na última semana, e debido á atención mediática que os desafiuzamentos teñen acaparado, “chegáronnos multitude de casos novos que non somos quen de atender por falta de mans”. En concreto precisan axuda de avogados e psicólogos que desinteresadamente presten os servizos que poidan aos afectados, que “en moitos casos non só padecen situacións de indefensión legal senon tamén depresións ou ansiedade”.

Hai que  lembrar que , dende hai catro anos, as Plataformas de Afectados pola Hipoteca traballan pola conquista do dereito á vivenda e que hai xa 133 plataformas en todo o Estado que conqueriron evitar preto de 800 desafiuzamentos en este tempo. Con todo, precisan maior axuda posto que, so dende 2007, leváronse adiante en España máis de 300.000 lanzamentos de familias que non poideron pagar as hipotecas ou o aluguer.

Pese a elo, segundo os cálculos da PAH, na actualidade estanse tramitando preto de 1,5 millóns de execucións hipotecarias nos xulgados de todo o país…curiosamente un número moi semellante ao de vivendas que están valeiras.

 

También te puede interesar