Galicia

Convocados 17 cursos e 324 prazas de formación para personal de Emerxencias de Galicia

A Academia Galega de Seguridade Pública vén de convocar no Diario Oficial de Galicia un total de 17 cursos destinado aos profesionais das emerxencias de Galicia, cun total de 324 prazas.

Dentro das actividades programada para a Academia para este ano 2013, están convocadas 4 edicións do curso práctico de loita contra incendios, co obxectivo de que os profesionais das emerxencias galegas perfeccionen as técnicas e habilidade para a loita contra os incendios dende un enfoque práctico. Para cada unha das edicións hai un total de 20 prazas.

O contido do curso estruturase en varios módulos que tratarán os equipamentos de protección térmica, a extinción de incendios de clase A-B, o manexo de equipamentos, a rede contra incendios, a construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, a montaxe de sistemas de xeración de escuma, e prácticas estáticas con presión de auga  e adestramento  na composición de equipamentos de extinción

Na mesma liña, a Academia convoca tamén un curso de manexo básico de motoserras  para intervencións en situación de emerxencia, que terá seis edicións cun total de 14 prazas por edición. O curso ten coma obxectivo adquirir a formación necesaria para participar con seguranza en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou polas de árbores de caídas ou pólas de árbores desprendidas.

Ademais, o persoal de protección civil e emerxencias de Galicia poderán levar a cabo o curso de condución de vehículos todoterreo, que a Academia vén de convocar estes días cun total de seis edicións, que contarán con 20 prazas dispoñibles por edición. O curso ten coma obxectivo adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir  con maior seguridade  os vehículos todoterreo.

E por último, a Academia convocou un curso de Patrón para Navegación Básica (PNB), cun total de 40 prazas, e que ten coma obxectivo adquirir coñecementos de navegación, así coma a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das súas funcións.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá inscribirse na paxina web da Academia, http.//agasp.xunta.es

 

También te puede interesar