A Guardia Civil de Ourense subastará o público 373 armas procedentes de particulares, polo procedemento de prego pechado, que exporá a partir do próximo luns día 8. As armas exporanse ao público no Salón de Actos da Comandancia da Guardia Civil de Ourense dende o 8 ao 12 de abril ambos os dous inclusive, de 9 da mañá á 1 da tarde.
Segundo informa o Instituto Armado, para participar nesta poxa é necesario ser maior de idade e estar en posesión dunha licenza de armas. A poxa será pública e celebrarase o día 15 de abril ás 10 da mañá no salón de actos da Comandancia. Das 342 armas que forman parte da poxa, 329 son escopetas; nove, carabinas; 26, pistolas; 6, revólveres e 3 rifles.
Das armas da poxa 243 son de primeira poxa e 130 de segunda. A arma que sae con prezo mais caro costa 4.500 € e a máis barata un céntimo de euro, ambas as dúas escopetas.