_agenda Agenda

Cruza connosco o estreito de Xibraltar

Temos unha proposta para a fin de semana: desfrutar do ‘Sábado de cine e libros’ (20 horas) que organiza a Asociación Cultural O Coto no colexio público Carballal-Cabral. Un lugar onde intercambiar o teu libro favorito con outras persoas e onde poder ver películas de calidade que non é habitual atopar nos circuitos comerciais.

Nesta ocasión o filme escollido é 14 km‘, de Gerardo Olivares, que consigue amosar a perigosa e longa viaxe que fan uns inmigrantes a Europa atravesando Mali, Niger, Alxeria e Marrocos. Esos 14 quilómetros que separan ao continente africano de Europa polo estreito de Xibraltar é o tramo máis perigoso.

Políticos e sociólogos coinciden en que a inmigración é o maior problema ao que Occidente deberá enfrontarse no século XXI. En África millóns de persoas teñen como único obxectivo entrar en Europa, xa que a fame non entende de fronteiras nin barreiras. Da man de o de Buba Kanou, Violeta Sunny y Mukela Kanou poderemos coñecer un pouco máis sobre a realidade de África.

Trala proxección haberá un café coloquio no que asistirá como invitada a senegalesa Shokna Poure e a congoleña Hortense Ngbapai, presidenta da Asociación para a Integración e o Desarrollo Africano.

Durante o tempo que duren as actividades haberá un taller de xogos para os nenos atendido polo persoal da asociación. Se queres máis información podes entrar na web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487 957 e 676 524 529.

También te puede interesar