Vigo al minuto

Caballero sinala que a economía “saneada” do Concello permitirá adicar 5,9 millóns máis a humanizacións

Caballero humanizando

O Concello poderá dedicar 5,9 millóns de euros maís a iniciativas que creen emprego, grazas, segundo asegurou este mércores o alcalde, ao superávit de 2012. Esa posibilidade abriuse tras o acordo do Ministerio de Facenda que  permitirá aos municipios que tiveran superávit o pasado exercicio e unha débeda que non supere a media nacional, utilizar eses remanentes para inverter en actuacións que creen postos de traballo, sempre que non creen cargas orzamentarias nas contas municipais dos seguintes exercicios.

Como era de agardar, Abel Caballero sinalou coma exemplo de investimentos axeitados para crear emprego as humanizacións que, ademais, “aforran cartos”…eso sí, o alcalde non quixo asegurar que eses preto de 6 millóns se destinen ao arranxo de rúas.

Para poder empregar esos cartos sería necesario un cambio na lei orgánica de estabilidade presupostaria, ainda que os interventores mucipales poderán iniciar a tramitación dos proxectos no tempo necesario para a redacción da modificación da lei e, logo, incorporar esa cantidade aos orzamentos.

Caballero adiantou que o Concello pode facer uso desos 5,9 millóns xa que ten as contas saneadas, cunha débeda de 55,7 millóns, o 24,9% dos seus orzamentos,é a débeda avalada polo ministro de Facenda e polo interventor xeral do Estado. Se o PP de Vigo di que é mentira, que pida o cesamento de Montoro,”, sinalou.

O PP repite que Vigo debe 100 millóns

A percepción do alcalde non coincide coa do Partido Popular vigués. Segundo o concelleiro Miguel Fidalgo, a débeda total da casa do concello rolda os 100 millóns e ainda que sí e certo que a ‘debeda financeira’, á que se refire o alcalde, e de 55,7 millóns de euros, e que “medrou nun 80% dende que Caballero ocupa a Alcaldía”.

Fidalgo, acusou o alcalde de “mentir” cando asegura que a administración local viguesa é a máis saneada de España, “de feito a débeda financeira pasou de 31 millóns de euros en 2008, aos actuais 55,7 millóns”. A esa cantidade hai que sumar un empréstito de máis de 9 millóns de euros, e as liquidacións negativas de 2008, 2009 e 2011 “que o Concello ten que devolver ao Estado, e que supoñen outros 35 millóns de euros máis”.

O concelleiro popular salientou que Vigo é o concello de Galicia onde máis creceu a débeda, e repetiu que “hai miles de municipios en España con menor débeda que o noso”.

 

También te puede interesar