O, hata agora, único candidato á secretaría xeral do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, asegurou este xoves en Pontevedra que seguirá traballando para que as ‘primarias’ para elixir o líder dos socialistas galegos, “sexa en urna e que cada militante teña un voto”. José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que esa é o seu obxectivo, “por que é no que creo” e agarda que a dirección federal acorde que o proceso interno do PSdG siga esta premisa.
Nun encontró con militantes, o tamén presidente da Deputación de Lugo, reiterou a súa aposta por un PSdeG “claramente galego”, que sexa “autónomo no seu funcionamento” e “sen tutelas na súa capacidade de decisión”, pero “que comparta un rumbo político común” co PSOE. Besteiro apostou por unha renovación total, partindo da “rexeneración democrática, a calidade política e a participación máis activa dos militantes”.
O candidato adiantou que a base da súa proposta é a garantía de voto a través da rendición de contas diante a sociedade -con reunións periódicas cos cidadáns, pero tamén a través das novas tecnoloxías-, a publicación dos salarios da cúpula do partido e dos patrimonios, a obriga de aceptar e responder a preguntas en todas as roldas de prensa ou poñer a disposición da cidadanía as contas anuais e electorais no mesmo momento no que se remiten ao Tribunal de Contas,
Preguntado por vigoalminuto sobre se agarda que se presenten máis candidaturas, Besteiro respondeu que “sí, por suposto, máis candidaturas garanten o intercambio de ideas, de posicións, de visións, eso enriquece a un partido, o mantén vivo e recolle a opinión dos cidadáns”. No que se refire á posibilidade de que o actual secretario xeral, Pachi Vázquez, decida optar á reelección, Gómez Besteiro indicou que “é unha decisión persoal, que respeto, porque son un demócrata convencido”.
No que atingue á oposición dentro do Parlamento de Galicia, no caso de que sexa elixido e considerando que non é diputado, o candidato adiantou que esa oposición “ten que facerse en todos os eidos, dende o municipal, pasando polo autonómico, o estatal e, o que é máis importante, o social” e que chegado o momento designaríase ao grupo de personas encargadas de levar á mensaxe dos socialistas ao Parlamento.