Galicia

Os xuices de Vigo considerarán como abusivas as cláusulas hipotecarias con intereses que tripliquen os legais

A xunta sectorial de xuíces de primeira instancia de Vigo, reunida este xoves acordou, por unanimidade, dar trámite de audiencia a aqueles afectados por execucións hipotecarias para que poidan alegar, se o consideran, a existencia de posibles cláusulas abusivas.

Segundo o acordo, esta medida, que aplicaríase só en procedementos hipotecarios en curso, nos que aínda non se ditara auto de adxudicación, permitirá paralizar as poxas de pisos e desafiuzamentos, polo menos por un tempo, xa que o xuíz dará ás partes un prazo de dez días para que presenten as súas alegacións. Transcorrido ese tempo, e tras presentarse a documentación pertinente, se o xuíz considera que os afectados asinaron un contrato con cláusulas abusivas, arquivará a execución do procedemento. Non obstante, a partir de aí, pódese abrir un procedemento por vía ordinaria, aínda que as cantidades a reclamar serían distintas.

En calquera caso, o xuíz decano, sinalou que a xunta de xuíces non tomou unha decisión sobre que se considerará cláusula abusiva e apuntou que unha referencia pode ser un interese que supere o triplo do interese legal do diñeiro.

Por outra banda, a xunta de xuíces tamén acordou establecer unha “norma de repartición especial”, con quenda propia entre todos os xulgados, para casos de demandas de afectados por preferentes e subordinadas. Deste xeito, cando entren estas demandas no partido xudicial de Vigo, a oficina de repartición distribuiraas de xeito equitativo entre os xulgados de primeira instancia, para evitar o colapso dalgunha sala en concreto.

 

También te puede interesar