Non se sabe se no Partido dos Socialistas de Galicia haberá primarias para elixir ao vindeiro secretario xeral, se haberá que botar un chchimoni ou xogalo a cara e cruz. O líder estatal, Alfredo Pérez Rubalcaba e o secretario xeral sainte do PSdG, Pachi Vázquez, non chegaron a un acordo no formato da consulta que, en principio, está prevista para o vindeiro 6 de xuño.
Segundo os socialistas galegos,o desacordo está na proposta de Vázquez de engadir dúas preguntas no congreso: unha sobre o nome do secretario xeral e outra sobre os delegados elixidos para representar aos militantes. Deste xeito, ao seu xuizo, daríase unha resposta ao aprobado no pasado Comité Nacional, co respaldo de máis do 90% dos membros deste órgano, de que todos os militantes poideran, co seu voto, elixir ao vindeiro líder dos socialistas galegos…algo que debería ser o normal nun partido que asegura ser democrático.
Pero parece ser que a Pérez Rubalcaba este sistema non lle gusta, se cadra porque se consinte este sistema en Galicia é posible que parte dos socialistas pidan que o mesmo se aplique, temén, á elección do vindeiro candidato do PSOE á Presidencia do Goberno.