En total, o Concello disporá de 12 novos vehículos, 1.300 contenedores e 125 illas máis de reciclaxe, que pasarán das 525 actuais a 650. Este novo equipamento facilitará a reciclaxe nas rúas da cidade ate o ano 2020, e está preparado para a recollida selectiva de recoller vidro, envases, papel cartón e pilas.
O alcalde salientou durante a presentación, este martes, da nova equipación, que investiuse na mesma 2,8 millóns de euros para incorporar 5 camións colectores de carga lateral, outro de carga traseira, outro máis de Caixa aberta con grúa, fous furgóns e tres vehículos de inspección, un deles eléctrico.
En 2011, cada vigués deixou no contedor amarelo, unha media de 9,7 quilos de envases lixeiros, como plástico, latas ou bricks, e 14,5 quilos nos contedores azules adicados a papel e cartón. En conxunto, Vigo reciclou máis de 5.500 toneladas de envases.