Vigo al minuto

Peche, hoxe no instituto Santo Tome en contra da Lei de Mellora da Calidade Educativa

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza un encerro para este mércores no Instituto San Tomé de Freixeiro co obxectivo de manifestar o seu desacordo co anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e os recortes.

O acto de protesta comezará ás 5 da tarde e manterase ata as 10 da mañá do xoves. Esta iniciativa é un dos peches rotatorios organizados polo colectivo ao longo deste mes de abril e que, tras o seu paso por Vigo, continuarán o xoves en Gondomar,no IES Terra de Turonio, e o venres en Pontevedra, no IES Torrente Ballester.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público explica que estes actos teñen como obxectivo amosar “o rexeitamento da comunidade educativa no seu conxunto ao anteproxecto da Lomce e á política de recortes coa que o PP insiste en castigar ao ensino público galego”.

 

También te puede interesar