Galicia

O DOG publica a concesión do ‘cheque infantil’ para garderías de nen@s de 0 a 3 anos

O Diario Oficial de Galicia deste venres publica a orde de axudas do cheque infantil, que permitirá financiar unhas 1.000 prazas de escolas infantís para nenos de entre 0 e 3 anos cun presuposto de 1,4 millóns de euros. As axudas están destinadas a persoas que non resultasen adxudicatarias dunha praza pública ou ás familias que residen en localidades sen gardarías públicas, co obxectivo de financiar unha praza privada.

O orzamento parta este ano redúcese en 300.000 € que a Xunta cualifica de “axuste” que ten que ver co “actual escenario presupostario no que, en todo caso, se priorizan as partidas sociais”, recorte que o goberno galego asegura que compénsase coa  coa “ampliación de 400 prazas con respecto ao curso anterior”.

Esta convocatoria permitirá aos pais escoller o centro no que se matriculan os seus fillos, xa que agora son as familias as que perciben “directamente” esta contía a través dun bono mensual.

Esta nova forma de abono permite ás familias, segundo a Xunta, “unha maior flexibilidade” para poder escoller calquera centro, sempre que estea autorizado. Ao igual que no pasado exercicio, a contía a percibir varía en función da renda e oscila entre os 45 e os 250 € mensuais no caso de xornada completa e comedor.

En base a esto, o número de beneficiarios, que sempre está preto dos 1.000, pode variar, en función de cál sexa a renda das familias que piden cada ano estas axudas.

 

También te puede interesar