Ciencia y Tecnología

Convocado un concurso para buscar ideas innovadoras sobre o turismo Galicia-Norte de Portugal

O director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia, e a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita, presentaron este venres en Santiago un concurso para buscar “ideas innovadoras” sobre o turismo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O concurso, promovido polo Instituto Superior de Administración e Xestión de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial de Galicia-Norte de Portugal, pretende “promover ideas e solucións innovadoras para o sector turístico”, pretendendo que “estean inspiradas no Norte de Portugal e/ou Galicia”.

O obxectivo deste concurso é “desenvolver unha idea orixinal e innovadora  cunha viabilidade práctica demostrada”. As ideas serán sobre un produto ou servizo no ámbito do turismo e poden ser só en Galicia, só en Portugal ou en ambos os dous lugares.

En xeral, deberán ser ideas “orixinais” que poidan incidir na creación de novos produtos ou negocios, en novas estratexias de mercadotecnia e promoción, nas tecnoloxías da información, en novos modelos de xestión e planificación, no posicionamento e a imaxe de produto, no patrimonio, a natureza, o medio, a animación ou os eventos de cada unha das rexións.

As ideas poden centrarse no territorio ou ser aplicables a subsectores concretos, como o aloxamento, a restauración ou as axencias. Así mesmo, pode participarse en grupos de ata tres persoas ou individualmente, tanto en solitario como apoiado por colexios, escolas, centros de ensino ou institucións.

 

También te puede interesar