É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAparece nas Cíes unha nova poboación de Erodium Maritimum, que está en perigo de extinción
Persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia descubriu recentemente nas Illas Cíes dos novas poboacións de planta Erodium maritimum, actualmente en perigo de extinción. Este achado coloca ao parque á cabeza en canto número de individuos e distribución desta especie, ao sumarse á poboación da Illa da Sálvora, tamén pertencente ao Parque, coñecida como a máis numerosa e mellor conservada de España. Hallazgo
De pequeno tamaño a súa presenza pode pasar desapercibida para o gran público e na nosa comunidade sitúase só en zonas fortemente antropizadas tales coma gretas de camiños, arredores de antigas infraestruturas, ou aldeas abandonadas.
Na actualidade, a distribución coñecida desta planta en España limitase ás propias Illas Cíes, a Illa de Sálvora, e a pequenos focos en San Andrés de Teixido e a Illa Dragonera situada no arquipélago Balear.
Esta especie viu ameazada a súa supervivencia na península polo pisoteo, os labores de roza, a aplicación de herbicidas en algúns lugares, ou a mesma competencia interespecífica, na que as especies invasoras xogan un importante factor de distorsión, converténdose a súa eliminación nunha prioridade á hora de apostar pola conservación desta especie.
Traballos de conservación
Dende o Parque tomáronse medidas que contribuíron a evitar a competencia que provocaban grandes manchas de Uña de Gato, que foron retiradas polo persoal do Parque, e grazas a isto veuse nestas zonas como a Erodium maritimum mellorou notablemente.
Estase a plantexar a convivencia coa especie ao restrinxir o paso nas zonas máis concorridas naquelas épocas do ano que puideran ocasionar danos irreparables, xa que pódese afirmar que as poboacións mellor conservadas atópanse en aqueles lugares que non sofren a presión humana, tales como a Sálvora e Dragonera.