A Fiscalía de Menores ven de solicitar información logo da denuncia presentada pola Consellería de Educación sobre o suposto absentismo escolar dun neno de 11 anos, alumno do colexio vigués Santa Cristina, que non vai a clase dende hai un mes, logo de que fose agredido por un compañeiro.
A Fiscalía, unha vez recibida a denuncia, estase a solicitar información de todas as partes, empezando pola Inspección Educativa, o propio colexio e os país do rapaz. A recompilación da información das partes é o procedemento habitual que realiza a Fiscalía de Menores nas súas actuacións como primeiro paso de cara á toma dunha decisión sobre o caso.
O menor leva máis dun mes sin asistir ao colexio e os seus pais reclaman que os seus dous fillos, o pequeno agredido e o seu irmán pequeño, sexan cambiados de centro que, entenden, non amosou consideración algunha, nen polo alumno nen por eles mesmos.
Educación defende a actuación do colexio e a inspección educativa e, a pasada semana, deu traslado do suposto caso de absentismo escolar á Fiscalía de Menores.