Ciencia y Tecnología

Cursos de ‘preparación á xubilación’ para 300 personas

A Secretaría Xeral de Política Social, organizará entre o 14 de maio e o 18 de xuño once cursos gratuítos de preparación á xubilación para máis de 300 persoas maiores de 55 anos de Galicia e o Norte de Portugal, no marco do proxecto europeo Envellecemento+Activo do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP).

A iniciativa consiste nun curso de formación semipresencial de preparación a xubilación co obxectivo de que contribúa tanto á promoción da autonomía persoal e a un envellecemento activo, como a favorecer a integración e a participación social deste colectivo.

Ao tratarse de cursos semipresenciais (conta con 80 horas das que 62 fanse a distancia) permiten conciliar a formación coa vida laboral, familiar e co tempo libre. A parte presencial terá lugar nas cidades da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.

O contido dos cursos estrutúrase en cinco módulos que versan sobre a importancia, nesta etapa da vida, das seguintes materias: a saúde física, a saúde mental, as novas tecnoloxías, o tempo libre e a participación social, e os aspectos xurídicos e económicos.

O seu obxectivo é activar un proceso de optimización das oportunidades nos ámbitos da saúde, da participación e da seguridade para mellorar a calidade de vida a medida que as persoas se aproximan  ao tránsito da “vida laboral activa” ao da “xubilación activa”.

A inscrición é gratuíta e xa se pode formalizar ata o día 10 de maio mediante o boletín que figura na páxina web do portal de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar http://envellecementomaisactivo.eu/curso-de-preparación-para-xubilación; onde tamén se pode consultar a data e o lugar de impartición de cada curso.  O número de prazas é limitado e a selección dos participantes farase por rigorosa orde de inscrición.

 

También te puede interesar