Vigo al minuto

A mascota da Volta 2013 é das Rías Baixas

Por primeira vez, a provincia de Pontevedra acolle a saída oficial da Volta Ciclista España que terá lugar o 24 de Agosto, así como as catro  primeiras etapas que transcorrerán pola provincia: Vilanova-Sanxenxo, Vigo-Mirador do Monte Lobeira, Pontevedra-Baiona e Lalín/A Estrada-Fisterra (A Coruña).

Este ano “a Deputación quere aproveitar o tirón  da 68 edición da Volta Ciclista a España 2013 para promocionar o destino provincia de Pontevedra-Rías Baixas por todo o país” e para dar a coñecer as paisaxes, produtos, cultura, historia, festas encantos naturais ou posibilidades de ocio. Para elo, segundo anunciou este luns o presidente de organismo provincial, este investirá de 123.400€ , “un esforzo que serve para todos e sobre todo, para o espectro socioeconómico das Rías Baixas”, asegurou Rafael Louzán.  Deste xeito,  vaise promocionar a provincia de Pontevedra nas 21 saídas e 21 metas e por todo o itinerario que vai percorrer a volta ciclista.

Para aproveitar o gancho da Volta darase a coñecer un dos produtos máis representativos das Rías Baixas e de Galicia: o mexillón, primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade “Denominación de Orixe Protexida” como así manifestou o Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde.

A campaña acadará unha ampla repercusión _a través de TVE, La 2 e Teledeporte así como nas chegadas e saidas de etapa e no curso da carreira que, o ano pasado, tivo 2,2 millóns de espectadores en directo nas propias estradas, a través dunha serie de novidades:

Pepe Carreiro, autor do deseño de Mexi-Llón facendo o debuxo da mascota na rolda de prensa deste luns

A instalación do punto de partida da volta ciclista nunha batea no porto de  Vilanova de Arousa e a creación dunha primeira mascota de todas as edicións da Volta Ciclista a España: “Mexi-llón” deseñada polo un humorista gráfico, Pepe Carreiro, autor de Os bolechas.

El diseñador de la mascota, el presidente de Mexilón de Galicia, el presidente Louzán y el director general de Unipublic, en la presentación de Mexi-Llón

Ao mesmo tempo editarase o conto “Mexi-llón, un ciclista das rías baixas”, un libro contén seccións como un mapa co percorrido da volta 2013 e recomendacións para os ciclistas –como poñer casco, ir en compañía, ou indicar os movementos -. O protagonista é un mexillón con Denominación de Orixe Galega que vive nunha batea e que quere ser ciclista. O libro editou 5.000 exemplares en galego e 10.000 en castelán, e repartiranse  por toda España.

Mexi-Llón’ será o protagonista, ademáis, dun xogo semellante ó xogo da Oca con saída e chegada nas Rías Baixas e que levará ós xogadores polo itinerario da volta e estará como mascota da volta Ciclista, en todas as saídas e metas das distintas etapas da volta.

A todo elo engádese a presenza de dous vehículos rotulados co “Destino Rías Baixas” e coa imaxe do mexillón que percorrerá as etapas para facer promoción directa regalando folletos e produtos de merchandising; se instalará un denominado “Parque meta” con 10.000 metros cadrados de exhibición e acceso gratuíto en horario de 17:00 a 21:00 horas para achegarse ó público familiar e a Deputación instalará un stand inchable onde nenos e maiores poderán xogar ó xogo do mexillón a tamaño real.

Toda esta actividade promocional compleméntase coa campaña “Espíritu Rías Baixas” na que priman as novas tecnoloxías, as redes sociais, os vídeos e as imaxes… para activar o interese e o desexo de calquera espectador a través da transmisión de sensacións, texturas ou imaxes.

Na rolda de prensa, na que se fixo a presentación desta novidade, estivo presente Javier Guillén, director xeral de Unipublic, entidade orgaizadora da Volta, quen confirmou a presenza na carreira de ciclistas como Purito Rodríguez, Alejandro Valverde, Iván Basso, Fabián Cancelara, Samuel Sánchez e, “cunha porcentaxe alta de seguridade”, Alberto Contador.

 

You may also like