O Concello ofrecerá sete vivendas na parroquia de Navia para persoas afectadas por execucións hipotecarias, segundo o programa de realoxamento transitorio que aprobou este venres a Xerencia Municipal de Urbanismo.
Segundo explicou o alcalde, “o aluguer terá custo cero”, se ben os beneficiarios deberán facer fronte aos gastos de comunidade. O programa terá efectos retroactivos dende 2008.
Abel Caballero lembrou que as sete vivendas, situadas na rúa Teixugueiras, se suman outras 7 procedentes do convenio relativo ao fondo social de vivendas, as cales tamén se poñen a disposición de persoas afectadas por lanzamentos hipotecarios.
Non obstante, advertiu de que este tipo de iniciativas “non suporán que decaia a batalla contra os desafiuzamentos” e subliñou que os bancos que os executen contarán coa “hostilidade” do Concello.