Comarcas

Redondela, capital de Titirilandia dende este mesmo martes

Da man da Concellería de Cultura e nas mans da Asociación Xente Titiriteira, empeza en Redondela o Festival Internacional de Títeres, un dos máis importantes, no so no conxunto do Estado, senon a nivel europeo.

Elo quer decir que dende este martes e durante cinco días, as rúas, prazas e xardíns redondeláns serán os escenarios no que artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias amosen o seu talento inagotable.

Entre eles estarán, entre outras, compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia que, este ano é máis alternativa, e que engade aos monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e “unha chea de sorpresa”, atendendo, segundo sinala o concelleiro de cultura, Julio Alonso, á idea do creador do Festival, Juanjo Amoedo, que sempre quixo involucrar na súa celebración á maior cantidade posible de veciños, de asociacións, institucións como amosa o feito de que participen na súa organización, de xeito voluntario, arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman Xente Titiriteira.

Esa é, sen dúbida a base do éxito, como quedou patente na pasada edición, no que se sobrepasaron os 35.000 asistentes cantidade que pode superarse este ano.

A programación de sala arranca este martes, as 9 da noite, no Auditorio da Xunqueira coa ‘Homenaxe ao Titiriteiro Galego: “Morreu o demo, acabouse a peseta”. Documental (Galicia);  Mércores, 15 de maio á mesma hora,  +7 “Ala sucia”, David Zuazola (Chile); Xoves, 16 de maio ás 21.00, +14 “A Maldición de Poe”, Teatro Corsario (Castela‐León); Venres, 17 de maio ás 17.00 e 21.00, familiar “Kikirixote, as aventuras dun polo de curral”, Os monicreques de Kukas (Galicia).Sábado, 18 de maio, ás 5 da tarde, Familiar, “Los animales de Don Baltasar”, Teloncillo Teatro(Castela‐León); 21.00, +13 “Diagnóstico : Hamlet”, Pelmanec (Cataluña); Domingo, 19 de maio ás 17.00 e 21.00, +10 “La venganza de Don Mendo”, El Espejo Negro (Andalucía).

O resto da programación que podes consultar premendo aquí, abrangue, por suposto actuacións na rúa, nocturnas e unha programación especial coincidindo co ‘Día das Letras Galegas’.

 

También te puede interesar