Comarcas

As Neves garante a asistencia a familias do concello que pasan por dificultades

Algunhas das caixas con alimentos que entrega cada semana o Concello/Tresyuno Comunicación

O Concello de As Neves, por medio dun convenio asinado con Amigos de Galicia, ven de garantir a chegada de axuda a máis de 13 familias que pasan por dificultades e que reciben, cada semana, alimentos e roupa. Segundo sinalou o alcalde, as axudas abranguen, ademáis, a obtención de outros productos e servizos necesarios, “é o caso de neveiras ou cociñas, que era un problema que detectaron os encargados de Benestar”, afirma Raúl Emilio Castro, “non ten moito sentido facerlle achegarlle comida a quen ou ben non a pode conservar, para o cal fai falla unha neveira, ou non a pode preparar se non ten unha cociña, e temos que ocuparnos de solucionalo”.

Como explica a tenente de alcalde e responsable da Concellería de Benestar, a asistencia faise en base as necesidades de cada unha das familias, “estúdase cada caso e, ademáis dun seguimento personalizado, a asistencia está controlada, de xeito que se atenda, de verdade e de xeito efectivo ao seu problema”. Marí Carmen Gil sinala que é o propio Concello o que fai un reparto, cada martes, dos productos que lle chegan, tanto por parte de Amigos de Galicia coma de outras empresas e entidades, dende Cruz Roja a firmas leiteiras, os membros da nova explotación de froita ecolóxica de As Neves, e que mesmo “personal municipal se desplaza a buscar os productos á sede das firmas que os ofrecen”.

Como ocurre noutros concellos, en As Neves necesítase, especialmente, leite/Tresyuno Comunicación

Gil sinala que o número de personas que están pasando dificultades foi en aumento nos últimos anos e que, ademáis de redoblar os esforzos para atender ás mesmas, o goberno local espera levar a Pleno unha proposta de regulamento no que se recollan “as bases para determinar as circunstancias económicas e sociales para acceder a estas e outras axudas” e se amplíe o abano de medidas que se poidan por en marcha dende o Concello, coma asistencia, acompañamento ou información, tal como o acceso a cursos de formación, solicitude de subvencións para alugueiro ou acceso ao mercado laboral, tal e como sinalan os traballadores sociais municipais.

Esta iniciativa, como subliña o alcalde, vaise acompañar cunha proposta á Deputación para que, conxuntamente cos concellos “non so nos permita dispor de máis recursos, senon evitar duplicidades e ser máis efectivos á hora de artellar as axudas”. Raúl Emilio Castro pon coma exemplo a colaboración en materia de Teleasistencia que permitiu que veciños con pensións non contributivas están atendidos a un coste asequible para eles.

 

También te puede interesar