Galicia

O verán non chega, o norte de Galicia, en alerta laranxa

Estaremos a poucos días do verán, pero non o parece. A Dirección Xeral de Emerxencias alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará ao litoral da provincia da Coruña a partir deste martes pola tarde.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 5 da tarde, na zona oeste e noroeste da provincia de A Coruña, agárdase mar de fondo do noroeste, con ondas de entre catro e cinco metros de altura.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade, Emerxencias, a través do centro de atención ás emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da costa coruñesa, á Deputación, ao servizo provincial e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Tamén lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes para previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos dende balcóns e fiestras. Ademais, aconsella consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

También te puede interesar