Galicia

O responsable de Bautista Administradores admite que sacou cartos pero non tantos como lle reclaman

O responsable de Bautista Administradores, quen prestou declaración este venres, durante unhas 3 horas, diate do Xulgado de Instrucción número 7 de Vigo, admitiu, segundo fontes do caso, que sacou cantidades das comunidades que xestionaba, pero non as que aseguran os denunciantes.

Nunha comunidade de Gran Vía, os denunciantes aseguran que Rafael Bautista levou 83.000 €, e él admite 60.000; noutra de Doutor Canoa, os afectados reclaman 33.000 € pero o inculpado fala de 16.000, ademáis segundo as mesmas fontes, o responsable da asesoría autoinculpouse, asegurando que nin os seus empregados nin a súa familia tiñan nada que ver coas xestións que realizaba.

Polo que atingue ao xeito de sacar os cartos, Bautista indicou que facía transferencias entre a conta das comunidades e a súa, cobrando obrigas de pagamento e emitindo recibos a conta que non respondían a ningún concepto. Sobre a conta común que tiña cos fondos de todas as comunidades das que se encargaba, e a cal estaba a nome da súa filla, descartou que a decisión de que fose ela a que figurase se debese a querer evadir responsabilidades ou evitar embargos. Do mesmo modo, explicou que él carece de título de administrador de terreos, e que quen o ten é a súa filla.

 

 

También te puede interesar