O próximo venres 7 de xuño, 21 comercios do centro de Vigo abrirán as súas portas ata a medianoite con descontos especiais. Así o avanzou hoxe martes o alcalde durante unha rolda de prensa cos organizadores da iniciativa, a asociación comercial Centro Príncipe.
Caballero, quen dixo que “prefiro o Príncipe que a Quinta Avenida”, animou a toda a cidanía a achegarse ás rúas Príncipe e Urzáiz durante o ‘Vigo Shopping Night’ xa que contarán con actividades lúdicas desde as 7 da tarde ás 2 da mañá, como terrazas, ambientación musical, bailes de salón, moderno e contemporáneo, ademais de aperitivos e cocktails.
Pola súa banda, o presidente de Centro Príncipe, Cándido Rial, trasladou a súa ilusión na posta en marcha de Vigo Shopping Night porque “é algo novo e creemos que pode ter moito impacto”. Entre as iniciativas que salientou ,mencionou a entrega de vales de compras de 20 €, a posibilidade de obter entradas para o concertó que Pablo Alborán dará en Vigo, entradas para un restaurante- espectáculo en Sanxenxo ou horas de parking gratis. Ademási, selando un ‘pasaporte’, que pode obterse entrando na web www,vigoshoppingnight.com, o na propia rúa Príncipe, “particípase no sorteo de varios premios, polo cal, cantos máis selos máis posibilidades de gañar”.