Vigo al minuto

O alcalde augura que a concentración en defensa de Peinador será un éxito e o PP a califica de “verbena”

O alcalde bromea antes de empezar a xuntanza cos representantes veciñais/Tresyuno Comunicación

Abel Caballero mantivo este martes a primeira reunión con colectivos da cidade logo de anunciar onte a convocatoria dunha concentración cidadá o vindeiro día 19 (ás 8 e media da tarde na Porta do Sol), en defensa do aeroporto de Vigo. Segundo sinalou, entidades veciñais, culturais e deportivas avalan esta iniciativa logo de coñecer que, na actualidade, “e nestas condicións”, Peinador “non é competitivo dada a competencia desleal” que sofre polos apoios públicos a compañías que operan dende Santiago e A Coruña, ademáis de Oporto, mentras que o aeroporto vigués “carece dos mesmos”.

Segundo salientou ao remate da xuntanza, a súa anáise “foi secundada completamente” polas devanditas entidades que “ven imprescindible movilizarse en defensa de Vigo”.

Caballero subliñou que, na conexión de Vigo con Madrid, “pasamos dos modernos reactores do século XXI aos avións de hélices dos anos 80”, debido aos apoios públicos recibidos pola compañía Air Europa para volar desde A Coruña. O alcalde responsabilizou, de novo, ao presidente da Xunta de non dar apoios a Peinador e “prohibir ao PP vigués apoiar a concesión de axudas desde o Concello para Peinador”.

Pola súa parte, o grupo municipal del Partido Popular calificou a convocatoria do alcalde de “verbena”. O seu voceiro asegurou que Caballero ten medo de que non vaia  a xente “e por iso contratou á Orquesta Panorama”.

En opinión dos populares, o que ten que facer o alcalde é traballar, xestionar e atopar solución para rematar coa baixada de pasaxeiros e frecuencias “e falar de solucións e de propostas, sen limitarse a criticar e descalificar a todo o mundo pero sen presentar nen unha soa idea”.

 

También te puede interesar