Vigo al minuto

As ostreiras de A Pedra recollen a Medalla ao Mérito no Traballo

Isabel e María Seoane co subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello

Moitos anos despois de que foran propostas para recibir este recoñecemento e logo de sete décadas en A Pedra, as ostreiras veñen de recoller, este martes, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo. Recoñécese, segundo indicou o Consello de Ministros, a labora de “este grupo de mulleres que acude dende hai máis de cincuenta anos, diariamente, a Vigo para vender os seus productos que son xa un referente de calidade”.

O recoñecemento, ainda que máis que merecido, chega algo tarde. En A Pedra so queda xa unha ostreira, Isabel Seoane; Hermitas morreu, Carmen xa está xubilada – ainda que Fernando, o seu sobriño seguiu co seu posto –María xa non vai porque a súa irmá, Isabel non necesita axuda, e Isaura está doente.

Sexa como fose, tarde, a realidade é que hai poucos premios máis merecidos…e mellor agora que é o momento que máis o precisa á vista da caída das vendas e do feito de que a remodelación da rúa, cunha nova cuberta que tapa da choiva non dese, a lo menos para estas traballadoras, o resultado que se agardaba.

 

You may also like