Galicia

A CIG chama a unha folga xeral na comarca de Vigo, este mes, para defender o Naval

A confirmación da resolución final do tax lease con devolucións acabará co sector naval na Ría de Vigo e como consecuencia coa destrución de mais de 10 mil postos de traballo directos e probablemente 6 mil indirectos” en base a estas cifras a Confederación Intersindical Galega (CIG), chama as restantes organización sindicais e sociais da comarca a mobilizarse contra esta resolución e “dar una resposta unánime e contundente” que, segundo anunciou este martes a central, debería pasar por una folga xeral na comarca de Vigo neste mes de xuño. A mesma tería lugar logo da mobilización en defensa da industria, convocada pola CIG para o vindeiro día 12.

O sindicato salienta que no período 2011, 2012 e neste ano pecharon 270 empresas relacionadas directa ou indirectamente co sector naval, sen contar co dano tanxencial que afecta a todos os sectores de servizos, nomeadamente transporte, comercio e hostalería.

“Sen o sector naval esta situación é economicamente irreversible nunha comarca tan relacionada e integrada con esta industria estrutural e histórica. O desemprego, a pobreza e a emigración será o horizonte das presentes e futuras xeracións”.

A CIG cre que Europa está decidida a pechar o noso sector naval galego “sen que o Goberno do Estado e a Xunta fagan nada para impedilo” dado que, aínda que coñecían as intencións de Bruxelas non fixeron nada mentres  Francia resolveu o seu problema do tax lease en apenas tres semanas cando tiña axudas fiscais maiores que as dos asteleiros galegos.

 

También te puede interesar