Galicia

O PP pide a Fomento que poña en funcionamento o comité de aeroportos e faga una proposta de xestión dos mesmos

O Partido Popular rexistrou no Parlamento de Galicia unha inciativa pola que pide ao  Ministerio de Fomento que poña en marcha o comité de coordinación aeroportuaria de Galicia e que, no prazo de dous meses, elabore unha proposta de xestión dos tres aeroportos que potencie a súa complementariedade e cooperación.

O deputado popular Alejandro Gómez Alonso, destaca a necesidade de “cambiar a realidade na que se instalou o modelo de competencia entre as terminais aeroportuarias galegas para pasar a un modelo de colaboración no que se aproveiten as especificidades dos aeroportos”.

Gómez sinala que a Xunta traballa na elaboración do plan estratéxico do sistema aeroportuario de Galicia, un documento que realiza “unha análise obxectiva e rigorosa” da situación de transporte aéreo de Galicia e na rexión norte de Portugal para adoptar medidas orientadas a conseguir un sistema “no que se reforce a complementariedade e se aumente a eficacia das instalacións e os servizos prestados”.

Así mesmo, instou á Xunta a que, mentres non se cree este comité, colabore co ministerio que dirixe Ana Pastor para manter as reunións do grupo constituído o pasado 20 de maio e avanzar na cooperación e coordinación entre os aeroportos.

 

También te puede interesar