Comarcas

Vila de Cruces celebra a Festa Gastronómica do Galo de Curral

Este domingo Vila de Cruces celebra o día grande da vixésima edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral, declarada de Interés Turístico Galego.

O programa arrancou este sábado, ás 9 da noite, no auditorio municipal coas actuacións do Dúo Begoña e Iago, Parella de Baile Trillo e Anastasia, Trompetista Pepe Chiné, Maite do Luar, o humorista Somoza e o Grupo Musical Sin Son.

Hoxe, esta festa que rinde homenaxe a Fito Domínguez, fundador do grupo ‘A Roda’, , os actos empezaron ás 10 e media da mañá coa actuación do Grupo de Gaitas Arco de Merza,  Gaiteiros de Piloño,  Grupo Folclórico do Pinheiro de Portugal, unha chamativa concentración de Coches Antigos, a Banda de Gaitas y Baile Coribantes,  finalista de  “Tú sí que vales” Aixa Romay, o concertó de A Roda e o pregón do actor Manuel Manquiña.

Ao medidodía os visitantes poderàn degustar o Galo de Curral nos distintos restaurantes do concello e, dende as 5 da tarde, asistir ao Festival de Bandas de Galicia, coa participación da Banda Unión Musical Ponteledesma, Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, a  Banda Municipal de Silleda e a Banda Artística de Merza.

 

También te puede interesar