Voluntarios do Proxecto Ríos e a asociación ecoloxista A Groba convocan unha actuación de limpeza do río Zamáns. Co obxectivo de mellorar a calidade ambiental farase unha actuación de limpeza dunha zona castigada dende hai moitos anos con entullos e que, nalgúns casos, serve de vertedoiro incontrolado de residuos.
A Groba fixo unha visita o río Zamáns a finais do mes de abril e informaron os medios de comunicación do mal estado da marxe do río, no punto coñecido como O Pego Negro. Voluntarios de A Groba localizaron unha zona con unha cantidade inxente de entullos que afecta o curso do río. Baixo a idea de concienciar da importancia dos ríos como espazos naturais privilexiados sinalan que a conservación é crucial.
Na actuación do próximo domingo realizarase a limpeza nunha zona de alto valor ecolóxico e etnográfico. Voceiros desta actuación fan un chamamento a participación a toda a veciñanza e a tódalas persoas sensibles co medio ambiente.
Os interesados poderán informarse desta actividade chamando o teléfono: 627276816
Na páxina web de A Groba existe un apartado no que se poden rexistrar as alertas medioambientais que se detecten. A meta desta entidade é o camiño cara a unha convivencia sostible no medio natural. Poden visitar a páxina e rexistrarse.