Deportes

Éxito absoluto do programa de dinaminación do galego ‘Espello Deportivo’

Un dos actos de Espello Deportivo ao que acudiron ducias de personas

O programa de dinamización lingüística no eido deportivo promovido e impulsado polo actior, productor e un dos dinamizadores máis activos a prol do galego – ademáis dun grande amigo – Rubén Riós,  “Espello Deportivo” pechou en Vilagarcía, da man da regatista olímpica Sofía Toro, a súa andaina que o levou a organizar, dende o mes de marzo, un total de 35 encontros con deportistas de elite noutras tantas localidades pertencentes á Rede de Normalización Lingüística.

A campiona olímpica Sofía Toro

“Espello Deportivo”, baixo a xestión da empresa Claqueta Coqueta, naceu co obxectivo de dinamizar o uso do galego entre a mocidade deportista achegándolle a lingua galega a través da súa maior afección. O nadador paraolímpico Chano Rodríguez, o tirador paraolímpico Juan Antonio Saavedra e mais a regatista olímpica Sofía Toro percorreron a xeografía galega dando a coñecer as súas experiencias e a súa relación co galego como valor identitario na competición internacional. No marco do programa, os protagonistas vencellaron o uso do idioma cos valores positivos do deporte, como o liderado, o esforzo, o afán de superación ou a tenacidade.

Rubén nun dos encontros

Nos encontros, dirixidos por  Rubén Riós, proxectáronse vídeos monográficos protagonizados por cadanseu medallista para dar a coñecer as súas traxectorias vitais e deportivas. A partir deles, Sofía Toro, campioa nos Xogos Olímpicos de Londres; o vigués Chano Rodríguez, 16 veces medallista paraolímpico, e Juan Antonio Saavedra, gañador dunha medalla de prata nos Xogos Paraolímpicos de Londres, fixeron partícipes aos seus seareiros das súas experiencias persoais dándolles oportunidade de coñecer con detalle as súas traxectorias en coloquios distendidos e dinámicos que tiveron como colofón un divertido fotocol no que participaron tanto os protagonistas coma os asistentes aos encontros.

O medallista Juan Antonio Saavedra asinando autógrafos

Hai que lembrar que  “Espello Deportivo” estivo en Outes, Cabana de Bergantiños, Boiro, Ribeira, Cambados, Ortigueira, Rois, Corcubión, Santa Comba, Muxía, Xove, Cee, Teo, Vedra, Bergondo, Ames, Carral, A Pobra do Caramiñal, Aranga, Arzúa, Mesía, Padrón, Barbadás, Ourense, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ferrol, Santiago de Compostela, O Barco de Valdeorras, Arteixo, Celanova, Ribadavia, Verín, Bande e Vilagarcía de Arousa, concellos que contribuiron ao programa ofrecendo as súas instalacións e apoio técnico para a súa coordinación.

Chano Rodríguez, que ten 16 medallas, o meirande deportista galego

E a finalidade do proxecto cumpriuse sobradamante. Dunha banda aportáronse as experiencias dos mellores deportistas galegos, experiencias que, ademáis de co éxito teñen que ver co esforzó, cos azos de superación, coa capacidade de sacrifizo, coa ilusión, a forza para afrontar os desafíos, a teima para superar as lesións, os adestramentos, as dificultades, pero tamén coa importancia de loitar por unha ilusión, con constancia, día a día e sabendo que o traballo ten a súa recompensa. Ademáis, todos os que asistiron a cada un dos actos tiveron ocasión de ver que Galicia ten algún dos mellores deportistas, no so do Estado, senon do mundo, e sentirse orgullosos delo.

 

También te puede interesar