Galicia

Este luns remata o arbitraxe das Preferentes

O proceso para admitir solicitudes de arbitraxe para os afectados por preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco remata este luns e abre o prazo de solicitudes para para o troco e a liquidez. O pasado luns o Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) publicou as condicións concretas para recuperar parte do diñeiro dos afectados que non pediron ou non foron admitidos na vía da arbitraxe. En total, veranse nesta situación uns 39.000 clientes, que resolverán o seu caso pola vía do troco e liquidez ou, en caso de ser considerados investidores profesionais, permanecerán como accionistas da entidade.

Segundo NGB, preto de 19.200 persoas pediron a arbitraxe e outras 19.800 non verán aceptada a súa solicitude. Pola súa banda, outras 36.200 si recuperarán todos os seus fondos tras lograr un laudo favorable na arbitraxe.

Aínda que este luns remata o prazo para admitir casos nesta última vía, as vistas continuarán todo este mes e o de xuño e a previsión é que o proceso remate nos primeiros días de agosto. Precisamente, NCG Banco indicou a finais da semana que comezara a notificar a admisión dos últimos 21.200 casos, dentro dos que se deu prioridade aos de clientes economicamente vulnerables e aos que teñen menos de 10.000 € atrapados.

O comezo desta semana marca tamén o inicio do prazo para pedir acollerse á oferta de liquidez do Fondo de Garantía de Depósitos (FDG), ao que se habilitou para adquirir as accións do banco que os afectados por preferentes e subordinadas obterán tras facerse o troco. Para executar a venda das accións ao FDG será necesario presentar a solicitude entre este luns e o día 12 de xullo.

 

También te puede interesar