É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más72 feridos e un morto nas estradas galegas esta fin de semana
O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 72 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 14 e a medianoite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 23 accidentes.
A Central do 061vrecibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 72 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e do 35%, respectivamente, e por idades dos feridos, obsérvase cun 47%dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 12 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, 6 se atenderon nun centro de atención primaria e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.