Este fin de semana continúa no Centro Comercial de Ourense a presentación da película ‘Las Brujas de E’lente’ de xénero fantástico que rodará a súa primeira metade na provincia o próximo mes de agosto. Este sábado o equipo contará coa presenza de Rubén Riós no seu acto promocional, a partir das 7 da tarde. O protagonista das exitosas Vilamor e Pradolongo tamén colabora neste proxecto, xunto con outros actores xa consolidados como Luís Iglesia, Mara Sánchez, Sabela Arán e Xoel Yáñez.
O equipo segue así coa difusión do seu proxecto, que en Ponte Vella comezou a tarde do pasado venres e contiunou o sábado de 11 da mañá a 10 da noite. Os asistentes puideron gozar do teaser conceptual realizado para a campaña de crowdfunding, que se emitiu sen pausa durante os dous días, mentres os membros do equipo lles informaban sobre o proxecto e resolvían todas as súas dúbidas. Ademais, os máis xoves aproveitaron para sacarse unha foto no cartel proporcionado polo Centro Comercial con motivo da promoción e pasaron a ser un ingrediente máis de Las Brujas de E’lente.
Entre presentación e presentación, o equipo continúa coa preparación da rodaxe, que se iniciará o 5 de agosto en San Amaro. A preprodución deste proxecto é particular, xa que a busca de financiación é simultáneao ao resto do traballo. Esta basease en tres piares: as axudas da Administración Pública, que se ben todavía non se pecharon, móstranse moi participativas para respaldar o proxecto; os patrocinios de empresas privadas comprometidas coa difusión da cultura; e o crowdfunding ou aportación colectiva do capital, que consiste en pequenas aportacións a nivel individual. Esta campaña lanzouse fai vinte días na plataforma web Verkami e xa conseguiu case tres cuartas partes da cantidade demandada.