Vigo al minuto

Vigo celebra a Semana do Orgullo LGBT lesbianas gais bisexuais transexuais

Do 25 ó 29 de xuño, Vigo programa actividades con motivo da Semana do Orgullo con actos culturais, festivos, e reivindicativos, uns organizados pola Asociación “Nós Mesmas” e os outros pola Concellería de Igualdade. A primeira actividade do programa será o martes 25 ás 8 da tarde coa inauguración da exposición “Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB” na Casa das Artes.

O mércores 26 de xuño ás 7 e media da tarde, proxectase o documental “Arte Gay busca casa”, na Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa.

O Xoves 27 de xuño, ás 6 , haberá un acto informativo e actividades para xete moza, na Farola de Urzaiz, organizado pola Asociación Nós Mesmas. Ás 7 e media, está programada a conferencia “A crise e os valores ” a cargo de Ángeles Álvarez Álvarez, no salón de actos do MARCO.

O venres 28 de xuño, ás 6, conversa con Teresa Moure e Alfredo Saborido sobre “O xénero na construción da sexualidade”, na Federación Veciñal. Ás 7 e media, performance “Over de rainbow” e actuación da escola de danza Media Punta con “Breackthru” na rúa do Príncipe. Ás 10 da noite, Orugullo Vigo 2013 con Shangay Lily e Djs: Samantha Calvario e Lano del Rey, na praza da Constitución.

O sábado 29 de xuño, ao mediodía, contacontos “Una parella diferente” na Biblioteca Central. Ás 7 e media, manifestación “Liberdade sen recortes”, saída desde a Farola de Úrzaiz, e ás 8 e media, “Festa diversa” na praza da Pedra.

 

También te puede interesar